- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Mercamelide celebra unha nova edición entre o 12 e o 13 de febreiro
01/02/2022. Ata 14 comercios da localidade ofrecerán os seus produtos da tempada outono/inverno de primeira calidade a prezos reducidos. O Mercamelide, que se celebra no Pazo de Congresos, volve ofrecer ao visitante produtos de todo tipo, dende fogar a roupa e tecnoloxía.
MELIDE 1 de febreiro de 2022.- Melide volve acoller este mes de febreiro o Mercamelide, a feira de oportunidades do comercio local, que celebra así unha nova edición de inverno. O Mercamelide celebrarase entre o sábado 12 e o domingo 13 de febreiro, en horario continuo de 11 a 20h no Pazo de Congresos.
Un total de 14 tendas da localidade volverán ter a oportunidade de dar saída aos seus stocks da tempada de outono/inverno. As persoas que visiten Mercamelide poderán facerse, con desconto, con produtos tan diversos como mobiliario, menaxe, moda, decoración, produtos do fogar, seguros, produtos deportivos, mercería, complementos, calzado, lencería, perfumería, produtos de beleza ou de novas tecnoloxías.
Ademáis, con cada compra, obterase un vale que permitirá desfrutar do rocódromo que se vai instalar no recinto.
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas, salienta a fortaleza dun evento que xa se ten convertido en tradicional. “É moi importante que os nosos comercios conten cunha oportunidade coma esta para dinamizar o negocio despois do Nadal”, explica o edil.