- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide habilita no Folicheiro unha nova senda para a seguridade dos paseantes
28/01/2022. A senda ten unha lonxitude aproximada de 670 metros a ambos os lados da vía. O Concello segue a promover espazos seguros para o desenvolvemento de hábitos de vida saudables.
MELIDE 28 de xaneiro de 2022.- O Concello de Melide informou hoxe da finalización das obras de acondicionamento dunha senda peonil na área de Folicheiro. O proxecto tivo por obxecto mellorar a seguridade viaria na a zona, ademais de mellorar a pavimentación do vial previamente existente.
A través desta nova infraestrutura, o Concello continúa a desenvolver zonas seguras para camiñar, promovendo e facilitando os hábitos de vida saudables entre a veciñanza.
Os traballos nesta senda, que ten unha lonxitude de 667 metros a ambos os lados da vía e unha anchura media de 2 metros, incluíron a utilización de material de zahorra artificial e pavimento de mezcla de bituminosa en quente. Igualmente, realizouse unha rede de recollida de augas pluviais. Na área desenvolveuse unha zona de aparcadoiro, con subbase de zahorra artificial e pedra e dous tratamentos asfálticos, ademais dunha capa de MBC. Por último, no vial existente previamente repavimentouse con MBC de 5 centímetros de espesor.
O orzamento de execución da obra, que comezou en novembro do pasado ano e rematou antes dos catro meses inicialmente previstos, foi de 99.321,35 euros.