Novas

Máis novas

Comezan as actividades previas ao 30º aniversario da Festa do melindre con obradoiros, catas e maridaxes entre Melindres e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

27/01/2022. A primeira delas terá lugar este venres 28 de xaneiro no CIFP Compostela.

O Concello de Melide comeza mañá venres 28 de xaneiro coa promoción do 30º aniversario da Festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide, que terá lugar no mes de maio, coa primeira das actividades da programación previa, un obradoiro con maridaxe e cata no CIFP Compostela, impartido por Alberto Rodríguez, presidente de Asociación Melide Terra Doce e Sonia Otero, enóloga e membro do panel de catas do Consello Regulador da II.XX das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

O venres 28, de 5 a 8 da tarde, terá lugar a maridaxe entre a repostería de Melide e os augardentes de Galicia para o alumnado do CIFP Compostela, situado en Lamas de Abade, do Ciclo Medio de Servicios en Restauración adulto, Dirección en Servicios de Restauración adulto e Ciclo Superior de Cociña adulto. No evento, a enóloga do Consello Regulador, e tamén embaixadora da Festa do melindre, ofrecerá ao alumnado unha explicación e cata das diferentes variedades das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, e terá lugar o obradoiro e o debate co alumnado do centro buscando a maridaxe perfecta, probando e experimentando tamén con maridaxes alternativas.

Na cata probarase Augardente de Galicia variedade albariño, Augardente de Galicia variedade mencía, Augardente de Galicia variedade godello, Augardente de Galicia da zona do Ulla, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia.

O luns 31 de xaneiro repetirase a actividade de 16 a 19 h para o segundo Ciclo Medio de Servicios  de  restauración  e  o  primeiro  curso  do  Ciclo  Medio  de  Dual  de  Servicios de Restauración. A Concellería de Promoción Económica continuará anunciando nas próximas datas as seguintes actividades da promoción da festa máis doce de Galicia.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp