- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Rosalía de Castro pon rostro á loita contra o feísmo en Melide
25/01/2022. A poetisa protagoniza un mural obra da artista Lidia Cao. Atópase na fachada posterior do Multiusos e fronte ao parque homónimo. Melide súmase así ao mapa da arte urbana.
MELIDE 25 de xaneiro de 2022.- O Concello de Melide vén de iniciar un amplo proxecto para a eliminación do feísmo na vila coa finalización dun inmenso mural coa imaxe de Rosalía de Castro. Esta iniciativa municipal procurará mellorar o aspecto da vila a través do pintado de murais en fachadas que presenten un aspecto exterior especialmente degradado.
O mural de Rosalía de Castro é obra da artista Lidia Cao, quen o rematou na mañá do luns 24 de xaneiro. Atópase na fachada posterior do edificio Multiusos, preto do parque ao que dá nome a emblemática escritora.
O mural espertou unha admiración unánime entre a veciñanza de Melide. A publicación en redes sociais do Concello foi amplamente compartida e rexistrou varios centos de reaccións, con comentarios moi positivos. Este novo atractivo artístico do municipio, que axiña se verá complementado con outros proxectos semellantes, situará a Melide como un espazo de referencia na arte urbana, en auxe en todo o mundo.