Novas

Máis novas

Melide mellorará os accesos ao Campo de Fútbol Municipal

13/01/2022. O procedemento de contratación das obras de mellora no acceso ao Campo de Fútbol de Melide arrincou hoxe. Inclúen intervencións sobre as portas e accesos para mellorar a eficiencia e a utilidade, así como a seguridade de peóns e vehículos. Tamén se actuará dende o punto de vista estético.

MELIDE 13 de xaneiro de 2022.- O Concello de Melide anunciou hoxe o comezo do proceso de licitación das obras de mellora de acceso ás instalacións do Campo de Fútbol municipal, na estrada de A Golada. As obras, que durarán un total de catro meses, licítanse por un orzamento de 40.559,33 euros, con fondos pertencentes ao Plan Único da Deputación da Coruña de 2021.

O edil de Deportes, José A. Prado, declarou hoxe que esta intervención é “moi necesaria para dignificar os accesos a unha instalación deportiva coma o campo de fútbol, que rexistra moita utilización por parte de deportistas da nosa comarca”. “O Goberno local segue a demostrar que as instalacións deportivas son unha prioridade na nosa xestión diaria”, aseverou.

A intervención incluirá o relevo do pórtico de entrada, situándose no lugar unha porta metálica de tres follas. Unha delas será fixa e as outras dúas de tipo corredizo. A de maior dimensión destas dúas destinarase ao acceso de vehículos, sendo a outra para acceso peonil.

As obras tamén contemplan o relevo do tellado do cuarto de instalacións, instalándose no seu lugar unha cubrición metálica que se prolonga sobre o acceso, de forma que se habilita unha zona exterior cuberta. No cuarto de instalacións tamén se introducen elementos de seguridade como luminaria de emerxencia ou un extintor.

En canto aos pavimentos, procederase á ordenación dos mesmos, coa introdución dunha banda de formigón entre a escaleira e a costa, de forma que quede claro o uso peonil. Ademais, ampliaranse e crearanse novas bandas de axardinamento e eliminarase a moqueta de herba artificial.

Os traballos incluirán a creación dunha senda asfaltada ata o vestiario. Dende este, a senda continuará ata o acceso ao terreo de xogo.

Por último, a intervención comprende a realización de pequenas obras de ornamentación sobre elementos xa existentes. Estas inclúen limpezas, recebos ou pintado de paramentos, saneado, pintado de varandas -como nas ramplas e escaleira- e da porta do cuarto de instalacións.

É de destacar que grazas a esta intervención remarcarase axeitadamente o acceso peonil ao recinto. Igualmente, que o novo tellado permitirá o acceso e compra do billete a cuberto.

presentaba nos últimos anos, e co obxectivo ademais de corrixir problemas de funcionamento detectados.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp