Novas

Máis novas

Melide pon o broche á exitosa programación do Nadal cunha Cabalgata de Reis adaptada á situación epidemiolóxica

04/01/2022. . A Cabalgata partirá da Ronda de Pontevedra ás 18h. Os Reis Magos non se deterán no camiño nin se tirarán caramelos para evitar aglomeracións. Do mesmo xeito, non haberá recepción. O Concello pide á veciñanza distribuírse ao longo de todo o percorrido de forma uniforme, gardando distancia interpersoal e evitando congregacións.

MELIDE 4 de xaneiro de 2022.- A tradicional Cabalgata de Reis volverá percorrer as rúas de Melide, nesta ocasión adaptada á actual situación epidemiolóxica. Para evitar riscos de contaxio por aglomeracións, a comitiva non se deterá en ningún punto do percorrido nin se celebrará a habitual recepción ás nenas e nenos. Tampouco se tirarán caramelos nin se baixará das carrozas, a fin de evitar que se congreguen moitas persoas nun mesmo lugar.

A Cabalgata dará comezo ás 18h, partindo dende a Ronda de Pontevedra para continuar polo Cantón de San Roque e logo pola Ronda da Coruña. Proseguirá pola Avenida de Toques e Friol e polas rúas Álvarez Carballido, Rosalía de Castro, Lino Sexto Sánchez, Martagona e Santiso. Despois pasará pola Avenida de Lugo, volverá ao Cantón de San Roque e continuará polas rúas Progreso e Codeseira. Por último, atravesará novamente o Cantón de San Roque para regresar á Ronda de Pontevedra.

O Concello prega á veciñanza que se distribúa por todo o percorrido anteriormente sinalado, evitando aglomeracións. Neste sentido, prégase especialmente á veciñanza non congregarse no Cantón de San Roque. Tamén se solicita gardar a distancia de seguridade interpersoal e o emprego de máscara facial, tal como estipula a normativa COVID-19 vixente.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp