- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A repostaría tradicional de Melide promociónase na feira “Saberes y Sabores” en Madrid
21/11/2017. Ricos, melindres e amendoados serán os protagonistas dunha degustación e dunha maridaxe que se celebrará mañá en Madrid dentro da programación da feira
MELIDE 21 de novembro de 2017.- Co obxetivo de promocionar os doces típicos de Melide, melindres, ricos e amendoados, así como a vindeira edición número vintesete Festa do Melindre, a Asociación da Respostaría Melide Terra Doce e o Concello de Melide promocionarán os doces melidenses na feira “Pop up Galicia. Saberes y Sabores”. Trátase dun evento que se celebra dende o pasado 15 de novembro e ata o vindeiro domingo 26, no Palacio de Santa Bárbara de Madrid e que acolle en exclusiva a artesanía e a gastronomía galega.
Mañá mércores, a repostaría da Terra de Melide será a protagonista dunha degustación que está fixada para as 12.30h da mañá e para a que aínda hai prazas para inscribirse. Será xa pola tarde, de 16.30h a 18h cando os ricos, melindres e almendoados volvan tomar protagonismo nunha maridaxe entre os doces melidenses e Augardentes e Licores de Galicia que estará guiada pola sumiller Sonia Otero, enóloga e vogal do Consello Regulador de Augardentes de Galicia.
A Asociación da Repostaría Tradicional Melide Terra Doce estará acompañada no evento por Luis Arias, concelleiro de Turismo do Concello de Melide. Dende o actual goberno melidense, agradecen o esforzo realizado por Artesanía de Galicia, “xa que nos brindaron a oportunidade de estar presente nunha feira destas características que sen dúbida repercutirá positivamente na promoción dos nosos doces e da nosa vindeira Festa do Melindre que se celebrará a segunda fin de semana de maio do ano que vén”.
Entre os asistentes tanto á degustación como á maridaxe está confirmada a asistencia de diversos embaixadores do Melindre que teñen a súa residencia en Madrid como Silvia Jato. Tamén acudirá José Antonio Corbalán, xogador de baloncesto retirado comprometido coa promoción da repostaría tradicional melidense.
A presencia en Madrid na xornada de mañá dos doces típicos de Melide é unha accións promocionais da próxima Festa do Melindre na que xa se está traballando por parte do Concello de Melide e da Asociación da Repostaría Tradicional Melide Terra Doce.