Novas

Máis novas

O alcalde acude a entrega das medallas de Protección Civil na que o melidense Juan Curros recibiu o distintivo de permanencia

28/11/2021. Durante o acto, o conxunto das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Toda  Galicia recibiron a medalla de ouro pola súa colaboración na emerxencia sanitaria. 

MELIDE, 28 de novembro de 2021 .- O alcalde, José Manuel Pérez, acudiu este domingo a entrega das medallas de Protección Civil de Galicia, que se celebrou na Academia Galega de Seguridade Pública, no concello de A Estrada.

No acto, presidido polo vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, máis dun centenar de membros de Protección Civil recibiron as condecoracións correspondentes ás edicións de 2020 e 2021, xa que o ano pasado foi suspendido o acto por mor da pandemia.

Na entrega, Juan Curros, veciño de Melide e responsable da Protección Civil do noso concello, recibiu o distintivo de permanencia pola laboura realizada durante 28 anos ao fronte de dita agrupación.

O alcalde, José Manuel Pérez, destacou "a importancia que ten a agrupación local de Protección Civil, sempre disposta a axudar e a colaborar nas incidencias que nos atopamos no día a día".




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp