Novas

Máis novas

Melide promocionarase no II Fórum do Camiño de Santiago, Fairway

10/11/2017. O Concello participa xunto coa Mancomunidade de municipios galegos do Camiño Francés

MELIDE 10 de novembro de 2017.- Melide estará presente xunto con outras vilas que forman parte da Mancomunidade de municipios galegos do Camiño Francés no II Forum do Camiño de Santiago, Fairway, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 12,13 e 14 de novembro.

Melide estará presente nun stand no que se amosará aos visitantes a nosa riqueza arquitectónica, cultural e paisaxística así como a gastonomía local, moi afamada por todos aqueles visitantes e peregrinos que realizan o Camiño de Santiago ano tras ano.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, xa confirmou a súa asistencia á xornada inaugural deste evento, e apuntaba que “ tivemos claro que queriamos participar nun evento destas características para mostrar todo o que Melide amosa aos visitantes e peregrinos, xa é un escaparate perfecto, aborda o fenómeno do Camiño en toda a súa amplitude sendo un intercambio de coñecemento, xeración de valores culturais e espirituais e económicos”.

Fairway, Forum do Camiño de Santiago, terá unha triple vertente: un congreso aberto, feira de expositores, e workshop de reunións con turoperadores internacionales.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp