- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Rematan as obras de acceso a explotacións agropecuarias na parroquia de San Cibrao.
17/11/2021. Os traballos serviron para mellorar os accesos, que se atopaban deteriorados debido ao paso de maquinaria agrícola e vehículos pesados, así como polos fenómenos meteorolóxicos. O custe total foi de 62.959,93 €.
MELIDE- 17 de novembro de 2021.- O Concello de Melide anunciou esta mañá a finalización das obras de mellora nos accesos ás explotacións agropecuarias na parroquia de San Cibrao. As actuacións centráronse en reparar o deterioro destes accesos, fundamentalmente accesos a explotacións gandeiras, cuxo estado se vira afectado polo continuo paso de maquinaria agrogandeira e vehículos pesados, ademais de polas condicións meteorolóxicas.
Os traballos realizáronse na parroquia de San Cibrao, entre Cabanelas e Fonte Fuxín, que ten unha lonxitude de 2.390 metros. As obras formuláronse co obxectivo tanto de garantir a seguridade de tránsito como de mellorar o estado dos viais.
Os traballos foron adxudicados pola Xunta de Goberno local á empresa Construcciones Leonardo Miguelez SL por un orzamento total de 62.959,93€, o que supuxo unha rebaixa de case 6.500 euros sobre o prezo de licitación. A actuación estivo subvencionada pola AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) dentro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcela agrícolas 2021-2022.