- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide reacondiciona viais e rotondas no parque empresarial da Madanela
12/11/2021. Os traballos acometidos pola Administración local teñén por obxectivo facilitar as manobras dos vehículos e a reparación de viais deteriorados. O custe total dos traballos ascende a 88.414,93 euros.
MELIDE- 12 de novembro de 2021.- O Concello de Melide vén de realizar traballos de reposición de viais no parque empresarial da Madanela. As obras incluiron a renovación das calzadas deterioradas mediante estendido de aglomerado e ampliación da área de calzada das rotondas, co fin de mellorar as manobras nas mesmas.
Nas catro rotondas demoléronse os bordillos, baleirándose a zona da calzada para proceder a un reafirmado. Posteriormente, encheuse a zona de ampliación con macadán realizándose un fresado de 3 centímetros de firme de mestura de bituminosa en quente.
Actuacións nos viais
No vial número 4 do polígono, nunha superficie de 1.296 metros cadrados, procedeuse a un fresado de firme con mestura de bituminosa en quente no tramo central da rúa. Posteriormente, estendeuse aglomerado en quente cun espesor de 5 centímetros.
As actuacións no vial 3 consistiron nun fresado de firme con mestura de bituminosa en quente no tramo central da rúa e posterior estendido de aglomerado en quente con 5 centímetros de espesor.
O custe total da obra é de 88.414,93. As actuacións fináncianse con cargo ás axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.