Novas

Máis novas

O Concello de Melide pon en marcha unha nova edición do concurso de escaparates de Nadal

04/11/2021. O Concello de Melide anunciou hoxe a convocatoria dunha nova edición do seu xa tradicional concurso de escaparates de Nadal. Nesta edición a contía dos premios aumenta sensiblemente fronte a anos anteriores, cun primeiro premio que sobe de 600 a 1.000 euros.

MELIDE- 2 de novembro de 2021.- Todos os establecementos comerciais ou hostaleiros de Melide poderán participar nunha nova edición do concurso de escaparates de Nadal que foi anunciada hoxe polo Concello. A decoración do escaparate ou establecemento a concurso deberá gardar relación cos motivos e ambientes de Nadal. O xurado terá en conta no seu fallo factores como a orixinalidade, montaxe, estética, creatividade e ambientación propia do Nadal. En caso de que o escaparate inclúa textos, deberán estar en lingua galega.

Para participar no concurso, os escaparates deberán manter a decoración polo menos entre o 9 de decembro de 2021 e o 6 de xaneiro de 2022. Deberán inscribirse na Concellería de Promoción Económica e Facenda escribindo ao correo electrónico promocioneconomica@concellodemelide.gal antes do 3 de decembro de 2021.

Premios

Nesta edición, o concurso repartirá tres premios nunha única categoría de Escaparates. O 1º Premio será de 1.000 euros. O 2º, de 500€, e de 250€ o 3º Premio. Nesta ocasión todos os premios serán un 66% máis altos ca na edición de 2020.

Os membros do xurado, que serán designados en número impar dende a concellería de Promoción Económica e Facenda, decidirá por maioría os establecementos gañadores. A decisión será pública, anunciándose o 30 de decembro ás 20.30h no Salón de Plenos da Casa do Concello.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp