- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide avanza na reactivación do deporte tras os efectos da pandemia
22/10/2021. A I Liga de Pádel atende á ampla afección por este deporte existente na localidade.
O Concello de Melide vén de convocar a I Liga Local de Pádel. Este evento, que comezará en novembro, súmase a outras iniciativas destinadas a reactivar a práctica deportiva a nivel local logo do parón obrigado de actividades a causa da pandemia de COVID-19. A inscrición neste evento, aberta ata o 27 de outubro, será gratuíta, sendo unicamente necesario que os xogadores dispoñan de seguro deportivo ou ficha federativa. A competición, que comezará en novembro, será unha liga con encontros a dúas voltas. As inscricións poden facerse chamando ao 981 50 50 01 (extensión 2103) ou no 620 60 57 81.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, José Prado, sinala que a convocatoria desta liga supón que o Concello “segue a cumprir o programa de reactivación do deporte despois da pandemia”, materializado en diversas iniciativas. Entre as mesmas, puxo como exemplo a Liga de Fütbol Sala cuxo calendario se presentará axiña e as Escolas Deportivas Municipais, das que salientou que contan “con máis de 300 persoas inscritas”. Igualmente, destacou o éxito das andainas que xa están a celebrarse.
No caso do pádel, Prado destacou a “moita afección” que existe no noso municipio arredor deste deporte. Puxo en valor a modernización das instalacións cubertas para a práctica desta disciplina no Palacio de Congresos e Exposicións. Igualmente, o edil de Deportes salientou que, dende que o Concello automatizou o acceso ás instalacións a través dunha aplicacións que permite a reserva e pagamento online polo uso do espazo, “aumentou de xeito enorme a demanda e dende o 26 de febreiro ata hoxe fixéronse máis de 1000 reservas de pistas”. Actualmente e dende hai un ano, as persoas que queren facer uso das instalacións poden reservar e pagar a utilización en calquera momento do día e de forma automática a través do seu teléfono móbil.