Novas

Máis novas

O Concello de Melide leva a cabo obras de mantemento e mellora na Fonte de San Xoán de Furelos

20/10/2021. A Fonte de San Xoán de Furelos é unha das máis emblemáticas do municipio e serve para o abastecemento da veciñanza e camiñantes.

O Concello de Melide está a levar a cabo na actualidade diversos traballos de mellora na Fonte de San Xoán de Furelos, unha das máis senlleiras da localidade e da que se abastecen veciños e camiñantes. Esta intervención consiste na limpeza da vexetación na contorna e na parte dianteira da fonte e unha serie de obras de mellora que inclúen a reparación de xuntas, arquetas, do cano e da billa de latón.

 

Este traballo de reparación compleméntase coa construción dun muro en mampostería para o que se está a utilizar pedra do país e que mellorará o conxunto.

 

O importe destes traballos é de 24.116 euros.

 

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp