- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide reabre o Centro Social tras 18 meses pechado pola emerxencia sanitaria.
18/10/2021. Abrirá no seu horario habitual e levarase a cabo un estrito cumprimento da normativa sanitaria vixente.
MELIDE 18 de outubro de 2021.- O Centro Social de Melide reabrirá as súas portas este luns, logo de 18 meses no que o servizo viuse interrompido como consecuencia da situación sanitaria que tivemos que atravesar.
O centro abrirá as súas portas no seu horario habitual, de 15:00 a 21:00h de luns a domingo cun estrito cumprimento das normas sanitarias vixentes na actualidade que condicionan, por exemplo,o aforo máximo que non poderá superar en ningún caso o 70% da capacidade total do centro.
A apertura do centro supón a recuperación de varias dos servizos, entre eles o de dinamización que se leva a cabo as fin de semana e que foi iniciado en outubro do 2019.
Nesta mesma liña, nas próximas semanas reanudarase o ciclo de charlas e as excursións que se viñan levando a cabo. O baile que se celebraba os domingos continuará sen realizarse.
A Concelleira de Política Social, Carmen Liñeira, valorou moi positivamente a apertura do centro “ despois dun longo período motivado pola Covid-19, estamos moi contentos de poder reiniciar a actividade nesta nova normalidade. “ Sen dúbida os nosos maiores foron un dos grandes prexudicados nesta pandemia, que poidan reiniciar a súa actividade supón un avance importante para eles cara a nova normalidade”.