Novas

Máis novas

Finalizan os traballos de mellora nos cadros eléctricos da rede de luz pública.

15/10/2021. As actuacións tiveron lugar no casco urbano e nas parroquias

O Concello de Melide vén de finalizar os traballos de mellora e substitución dos cadros eléctricos municipais que presentaban maiores deficiencias. 

Coas actuación realizadas lograrase unha maior estabilidade da rede e unha maior eficiencia enerxética.

O importe total dos traballos realizados ascende aos 39.545,40€ dos cales 16.280,90€ foron aportados polo Concello de Melide e os restante subvencionados polo Fondo de Compensación Ambiental.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp