Novas

Máis novas

Presentación do Programa "Aos pés do Peregrino"

21/09/2021. Melide contará duante uns días cunha unidade móbil de podoloxía que atenderá as demandas dos peregrinos.

Esta mañá presentouse no Monte do Gozo o programa "Aos pés do peregrino" froito da colaboración entre a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, a Deputación de A Coruña e a Fundación Podoactiva.

A través deste programa o Concello de Melide contará durante varios días cunha unidade móbil de Podoloxía, dirixida por profesionais, que atenderá as demandas dos peregrinos.

Xosé Igrexas afirmou durante o acto desta mañá " esta iniciativa afunde as súas raíces no labor asistencial que se realizaba en moitos dos mosteiros e albergues co lavatorio dos pés aos peregrinos". "A acollida tradicional ao peregrino trasladada ao século XXI é o que nos trae hoxe aquí".




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp