Novas

Máis novas

Finaliza o domingo o curso de Micoloxía en Melide

09/11/2017. Trátase dunha actividade organizada pola concellería de Xuventude do Concello de Melide

MELIDE 9 de novembro de 2017.- A Concellería de Xuventude do Concello de Melide organiza un curso de Micoloxía que xa tivo a súa primeira sesión o pasado domingo 29 de outubro e será este domingo, 12 de novembro, cando se lle poña o punto final. A formación consta de parte práctica e teórica, que se le va a cabo no edificio Multiusos da vila.

Durante a primeira sesión do Curso de Micoloxía os participantes coñeceron de preto cales son as diferentes especies de cogomelos que existen na zona de Melide e Comarca, aprendendo a clasificalas cunha pequeña visita ao monte. Será este domingo, cando de novo camiñen por diferentes lugares da Comarca na procura de especies para poder seguir formándose en micoloxía. Tamén, nesta xornada se dedicará un tempo a explicar os diferentes pratos que poden elaborarse con estes cogomelos.

Entre os obxetivos deste curso en Melide está o de coñecer que son os cogomelos, onde atopalos e recoñecer as diferentes especies. Tamén se afonda neste curso sobre as boas prácticas de recollida de cogomelos así como nas claves para recoñecer as principais especies comestibles e tóxicas da Comarca da Terra de Melide, previndo as intoxicacións polo consumo de cogomelos que se producen a estas alturas do ano.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp