- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide lanzará unha campaña para recuperar e intensificar a actividade deportiva
16/09/2021. O Concello de Melide dende a súa Concellaría de Deportes pon en marcha unha campaña para volver a recuperar o dinamismo que vivía a vila antes da chegada da pandemia. Andainas e torneos forman parte desta iniciativa
MELIDE 16 de setembro de 2021.- O Concello de Melide, dende a súa Concellaría de Deportes poñerá en marcha unha campaña que terá como obxetivo reactivar o deporte na vila despois dos meses nos que a actividade permaneceu pausada de maneira presencial debido á pandemia sanitaria.
Entre as actividades que alberga esta campaña atópanse as posibilidades que ofrecen as escolas deportivas que comezarán co mes de outubro e que a previsión de anos anteriores apunta que haberá moita participación.
Unha das novidades das que poderán beneficiarse os veciños e as veciñas de Melide neste novo curso deportivo será a posibilidade de poder utilizar o pequeno ximnasio situado no polideportivo municipal, establecendo un sistema de cita previa e un control de aforo para cumprir cos protocolos Covid.
Haberá novidades importantes como son a creación de dúas ligas esta temporada: por unha banda unha na que o protagonista será o pádel e outra na que o será o fútbol sala.
Dende a Concellaría de Deportes tamén se traballa nun calendario regular de andainas,despois das boas sensacións que deixou a I subida ao Bocelo, as numerosas posibilidades que Melide ofrece e o habito que hai.
Según Jose Prado, concelleiro de Deportes local “a estas iniciativas iranse sumando outras e claro está, que a colaboración coas asociacións deportivas do pobo, continuará sendo o eixo central da xestión municipal, xa que valoramos moito o traballo que fan”.
Con todo, a concellaría que dirixe José Antonio Prado ten clara á meta á que quere chegar; “facer de Melide unha vila con veciños e veciñas realizando deporte xa que a práctica deportiva é saúde e poñeremos dende aquí todo o noso empeño para que á veciñanza que nunca deixou de estar activa nesta tempada difícil, volte a recuperar e intensificar os bos hábitos que se tiñan antes da pandemia”.