Novas

Máis novas

O Concello retoma a presencialidade nas actividades culturais e deportivas

10/09/2021. Despois dunha paréntese pola pandemia onde a actividade deportiva e cultural do Concello tivo que realizarse de maneira on line, o goberno local aposta por recuperar este curso a presencialidade

MELIDE 10 de setembro de 2021.- O Concello de Melide retomará a actividade presencial das Escolas Deportivas e Culturais o próximo 4 de outubro. O prazo para realizar a inscrición comezará o próximo luns 13 e finalizará o 24 de setembro.

Así, o Concello ofrecerá para este curso preto dunha trintena de modalidades deportivas e culturais nas que tanto empadroados como non empradroados poderán participar para manter o seu corpo e mente activo durante os próximos meses.

A inscrición poderá realizarse de xeito presencial nas dependencias do Concello de Melide ou a través da sede electrónica. Ésta última opción a máis recomendable para evitar aglomeracións na casa consistorial.

Dende as Concellarías de Cultura, Deportes e Política Social pretenden con esta variedade de posibilidades recuperar a situación que existían antes da pandemia, onde preto dun milleiro de persoas participaban nas actividades propostas polo Concello. “Aspiramos a que a veciñanza volva á actividade coa mesma intensidade e compromiso como no ano 2019”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp