Novas

Máis novas

Melide promocionase na Feira de Festas de Interese Turístico (Festur)

03/09/2021. A Feira celebrase conxuntamente coa Semana Verde de Galicia e con Turexpo.

MELIDE, 03 de setembro de 2021-. O alcalde de Melide, Jose Manuel Pérez, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas, estiveron presentes esta mañá na inauguración da XLIII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Como novidade este ano e para potenciar o certame, celebrarase conxuntamente á Semana Verde a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) e o salón de turismo Turexpo.

En Festur, o Concello de Melide contará cun stand no que se promocionará ante os visitantes a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional  así como se lle facilitará aos interesados toda a información que demanden do noso concello, desde a ampla oferta cultural e patrimonial da que dispoñemos ata as demais festas e actividades que se desenrolan ao longo do ano.

José Manuel Pérez, destacou “Melide  ten que estar presente nestes certames para promocionar ao noso concello, facéndolle ver aos visitantes que somos unha vila para vivir, chea de vida, de servizos e de actividades.

A Feira celebrase os días 3,4,5 de setembro, en horario de ininterrompido de 10:00 a 20:00h, con entrada gratuíta e cun estrito protocolo fronte á Covid-19.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp