Novas

Máis novas

Melide impulsa as compras de proximidade co lanzamento da segunda campaña de tarxetas “Merca en Melide”

27/08/2021. Lanzarase unha emisión de 1300 tarxetas prepago para empregar en numerosos comercios locais.

MELIDE 27 DEAGOSTO DE 2021.-  Na campaña, na que tamén colabora a Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem), está encamiñada a promover e reactivar a economía municipal, impulsando o consumo nos establecementos comerciais locais e na hostalería.

As persoas que queiran participar na iniciativa deberán solicitar entre o 1 e o 17 de setembro unha das 1300 tarxetas prepago. Como novidade desta segunda campaña, as tarxetas terán un importe de 50 euros, dos cales o usuario/a aboará 30 euros, facéndose cargo o Concello de Melide dos 20 euros restantes.  As tarxetas poderán ser empregadas nos establecementos locais entre o 27 de setembro e o 31 de outubro.

Deste xeito, o goberno local mostra unha vez máis, o seu compromiso total co tecido produtivo local.

As tarxetas poderán solicitarse entre o 1 e o 17 de setembro no Edificio Multiusos, en horario ininterrompido de 10:00 a 14:30h de luns a venres.

O concelleiro de Promoción Económica e Facenda, Xosé Igrexas, destaca : “ con esta campaña e as levadas acabo dende principios deste ano, conseguiuse un impacto económico no  noso concello de preto de medio millón de euros, un gran esforzo que fixemos dende o Goberno Local do Concello de Melide en apoio ao comercio de proximidade.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp