- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide destina 15.000€ a axudas a prol da natalidade
20/08/2021. O prazo de presentación é do 20 de agosto ao 15 de novembro..
MELIDE 20 de agosto de 2021.- O Concello de Melide outorgará axudas a prol da natalidade co obxectivo de favorecer o asentamento da poboación.
O importe total de axudas será de 15.000€, dos que poderán beneficiarse os pais e nais que estean empadroados en Melide e que teñan ou adopten un fillo no período comprendido entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro do 2021. Entre outros requisitos, un dos pais ten que estar empadronado, polo menos, 6 meses antes do nacemento ou adopción e tanto o solicitante da axuda como o fillo ou filla deberá comprometerse a seguir empadroado no Concello por un período de catro anos.
O prazo de solicitude será do 20 de agosto ao 15 de novembro, ambos inclusive.
A concelleira de Política Social, Carmen Liñeira explica que “as axudas son unha medida máis para evitar o despoboamento, ademais de constituír unha axuda de 300€ para cada neno ou nena melidense que cumpra todos os requisitos recollidos nas bases.