Novas

Máis novas

Melide presenta o San Roque Cultural 2021

10/08/2021. As actividades terán lugar entre o 16 e o 22 de agosto.

MELIDE 10 de agosto de 2021.- O Concello de Melide, a través da Concelleira de Cultura e Turismo, Mayka Basalo, presentou na mañá de hoxe a programación do San Roque Cultural 2021, que encherá Melide de espectáculos entre os días 16 e 22 de agosto.

A programación conta con actividades para todos os públicos, bandas de música, actividades infantís, charangas e orquestras que animarán a vila durante a terceira semana do mes de agosto.

Programaranse eventos na Praza do Convento, Parque Rosalía de Castro e no aparcadoiro público detrás da Capela de San Roque, coa finalidade de dinamizar diferentes zonas da vila.

Heredeiros da Crus, o grupo local de música tradicional Os Melidaos e as orquestras París de Noia, Os Satélites e Marbella serán algunhas das actuación programadas.

Para asistir aos seguintes eventos é necesaria reserva previa de entradas, a través da plataforma ataquilla.com: Heredeiros da Crus, Os Satélites, Los Players, París de Noia e Marbella. Cada usuario poderá reservar dúas entradas.

Todos os eventos realizaranse cun amplo dispositivo de seguridade que velará polo estrito cumprimento das normas sanitarias establecidas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp