- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Programación musical do Mercamelide
04/08/2021. A feira de oportunidades do comercio, que se celebrará os días 13,14 e 15 de agosto, contará con actuacións musicais
MELIDE 4 de agosto de 2021 – Melide acollerá a súa tradicional feira de stocks de verán baixo o nome de Mercamelide, que terá lugar os días 13,14 e 15 de agosto no Cantón de San Roque.
Desta volta, o Concello programa varias actuacións paralelas á feira de stocks, todas elas de balde. Así, o venres 13, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre actuarán as 22:00h no aparcadoiro situado detrás da Capela de San Roque. O día seguinte, será o turno da Banda da Loba, que actuará ás 22:00 na Praza do Convento.
Pechará a feira de oportunidades a osquestra Garufa Blue devils Big Band, ás 22:00 no aparcadoiro municipal.
Para os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e da Garufa Blue Devils Big Band será preciso reservar entrada, cun máximo de 2 por usuario ata completar o aforo de 500 persoas. As entrada poderanse reservar a partir das 09:00h do xoves 5 de agosto a través da plataforma www.ataquilla.com.
A entrada ao concerto da Banda da Loba, na Praza do Convento, será por orde de chegada.
O Concello de Melide levará a cabo un dispositivo especial de control para que os concertos se poidan realizar con seguridade sanitaria, velando polo estrito cumprimento dos protocolos sanitarios vixentes.