- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide saca a licitación melloras no Polígono Industrial da Madanela e en pistas de San Cibrao.
03/08/2021. Ambas actuacións foron aprobadas en Xunta de Goberno Local.
MELIDE 3 de agosto de 2021.- O goberno local saca a licitación varias actuacións de mellora tanto no Polígono Industrial da Madanela como no acceso a explotacións agropecuarias na parroquia de San Cibrao.
Entre as actuacións previstas no Polígono Industrial, realizarase unha modificación das rotondas existentes, adaptándoas as necesidades dos vehículos pesados favorecendo a circulación nas mesmas, así como a reparación do firme nas rúas que presentan deficiencias.
Os traballos de mellora supoñen un investimento de 88.414,93€ dos cales 73731,44 proceden dunha subvención da Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 10 de agosto.
Por outro lado, as empresas teñen ata o 13 de agosto, para presentar as ofertas para o arranxo de pistas de acceso a explotación agropecuarias na parroquia de San Cibrao.
Estas actuacións cun investimento de total de 69.416,07€, encádranse dentro do Plan de mellora de camiños municipais 2021-2022 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.