Novas

Máis novas

O Concello de Melide solicítalle ao Sergas cobertura pediátrica durante o período estival

30/07/2021. A ausencia de pediatra obriga a veciños e visitantes a desprazarse a outros concellos.

O Concello de Melide vén de remitirlle un escrito á Consellería de Sanidade no que solicita cobertura pediátrica durante a ausencia do pediatra titular.

Durante o período vacacional do pediatra titular, os vecinos e veciñas de Melide non teñen cobertura dun servizo indispensable como é o de pediatría, polo que vense na obriga de desprazarse a concellos como o de Arzúa ou O Pino.

A problemática existente, que se vén manifestando de forma reiterada nos últimos anos, é incomprensible tanto polo feito de terse que desprazar como polo tempo de agarda que deben esperar os pacientes para ser atendidos.

O equipo de goberno local considera que a problemática existente debe ser solucionada con carácter urxente, xa que a sanidade pública é un servizo imprescindible, básico e necesario para o benestar dos nosos veciños.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp