Novas

Máis novas

Axentes da policía local de Melide galardoados pola súa permanencia no servizo durante 25 anos

09/11/2017. O Diario Oficial de Galicia publica as listaxes das persoas ás cales se lles entregará o distintivo de permancia por cumprir os 25 anos ao servizo dos corpos da policía local

MELIDE 9 de novembro de 2017.- María López Miguélez, Ramón Fernando Mellid Ramos e Juan José Mosteiro Sánchez, son os tres policías locais de Melide aos que se lles entregará o distintivo de permanencia, por ter cumplidos a 31 de decembro de 2016, os 25 anos de servizo no corpo da policía local.

A vicepresidencia e a consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, vén de facer público no Diario Oficial de Galicia, a listaxe dos policías locais galegos aos que se lle outorgará este recoñecemento.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp