- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide limita a circulación de vehículos no casco antigo para favorecer o tránsito de peóns
29/07/2021. Residentes, carga e descarga e vehículos autorizados serán os únicos con permiso de circulación na zona vella.
MELIDE 29 de xullo do 2021.- A partir do venres 30 de xullo en parte do casco histórico de Melide, zona característica e das máis transitadas do concello, os peóns terán preferencia sobre o tráfico rodado, xa que vai ser limitado exclusivamente a vehículos de residentes, de carga e descarga e autorizados. Entre os autorizados inclúese o transito necesario para favorecer os mercados dominicais.
O Goberno Municipal con esta medida e con outras que se irán desenrolando, como as obras que se executarán nos vindeiros meses, quere poñer en valor unha zona que conta con gran variedade de valores históricos, culturais, sociais e urbanísticos, favorecendo o desenrolo económico dos negocios ubicados na zona e ao propio turismo.
Darlle máis espazo e protagonismo aos peóns nas zonas urbanas é unha tendencia xeral á que Melide non debe ser alleo e por iso o goberno local traballa planificando intervencións en outras áreas da vila.