Novas

Máis novas

Presentada en Melide a nova Oficina Móbil de Atención ao Peregrino

28/07/2021. Permite unha atención máis próxima e efectiva ao participar axentes policiais de varios países.

Melide, 28 de xullo de 2021.- O alcalde, José Manuel Pérez, acompañado polo 1º tenente de alcalde, Jose Antonio Prado e o concelleiro de seguridade cidadá, Xose Igrexas, acudiu ao acto de presentación da nova Oficina Móbil de Atención ao Peregrino que se presentou na parroquia melidense de Santa María.

O acto, presidido pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, contou tamén coa participación do Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina.

Durante o acto, a subdelegada do Goberno destacou que a Oficina Móbil de Atención ao Peregrino permite unha atención máis próxima e efectiva aos camiñantes ao participar axentes de varios países.

María Rivas indicou que neste ano retómase a colaboración con corpos de seguridade doutros países que foi interrompida en 2020 por mor da pandemia. En total haberá 27 efectivos no Camiño Francés durante os meses de xullo e agosto procedentes dos corpos de seguridade de Francia, Portugal de Italia. Este ano, añadiu, houbo presenza das policías de Brasil, Alemaña e Reino Unido durante a semana anterior e posterior ao 25 de xullo.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp