Novas

Máis novas

Melide conta con novos contedores para a recollida de aceites domésticos.

27/07/2021. Os aceites de cociña constitúen un residuo altamente contaminante

MELIDE 27 de xullo de 2021.- O Concello de Melide conta desde esta semana cuns novos contedores para a recollida de aceites domésticos.

Os contedores están ubicados na Avenida de Lugo, Ronda de Pontevedra, Rúa Gaiteiros Garceiras e Rúa Progreso. 

Os aceites de cociña usados constitúen un residuo con alto poder de contaminación. O verquido polos desaugadoiros supón a proliferación de pragas e de microorganismos prexudiciais para a saúde e produce numerosos atascos na rede de sumidorios.

Desde o Concello de Melide anímase á veciñanza a almacenar o aceite en botellas de plástico pechadas para depositalas posteriormente nos contedores.  




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp