Novas

Máis novas

O Mercamelide de verán celebrarase o 13,14 e 15 de agosto

23/07/2021. A feira de oportunidades do comercio de Melide, o Mercamelide, chegará este verán a vila os días 13,14 e 15 de agosto e celebrarase no cantón de San Roque como o ano pasado

MELIDE 23 de xullo de 2020.- Melide acollerá a súa tradicional feira de stocks de verán baixo o nome de Mercamelide, que terá lugar no cantón de San Roque como o ano anterior debido a boa acollida tanto por parte do comercio melidense como pola afluencia de participantes.

Esta feira terá lugar os días 13, 14 e 15 de agosto. O venres en horario de tarde, o sábado con horario de mañá e tarde e o domingo pola mañá para facilitar as compras a veciños e visitantes.

O Mercamelide conta con 14 stands de comercios locais que venderán os seus produtos a baixo prezo e contará con todas as medidas de seguridade e protocolo fronte á Covid-19.

A feira de stocks está organizada polo Concello de Melide e conta coa colaboración da Asociación de Empresarios da Terra de Melide CCA-ASETEM. Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica explica que “o cambio de localización do Mercamelide de verán incrementou os participantes en comparanza á mesma feira organizada no pazo de Congresos e Exposicións. A ubicación inaugurada no 2019 pretende dinamizar o noso comercio local, darlle pulo e incentivar un dos factores máis importantes da nosa vila como é o comercio de proximidade”.

MÚSICA PARA ANIMAR AS COMPRAS

O Concello programará actividades musicais paralelas á feira de stocks. Así, o venres 13 de agosto actuará Xabier Díaz, o sábado 14 será a quenda para A Banda da Loba e o domingo 15 para Garufa Blue Devils Big Band.

 

 

 

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp