Novas

Máis novas

A deputada socialista Montserrat García visita Melide para recoller as demandas do Concello

07/07/2021. O equipo de goberno trasladoulles as necesidades dos veciños e veciñas de Melide.

MELIDE 7 de xullo de 2021.- O equipo de goberno municipal recibiu a visita da deputada socialista no Congreso, Montserrat García, e de Begoña Rodríguez, deputada no Parlamento de Galicia, para coñecer as demandas do Concello naqueles proxectos e infraestruturas nas que ten competencias o goberno central.

Na reunión, o equipo de goberno insistiu na necesidade de axilizar as melloras pendentes na seguridade viaria da estrada nacional N-547, moi transitada por vehículos e peóns xa que conflúe co Camiño de Santiago.

Por outra parte, o equipo de goberno trasladou a necesidade de chan industrial, así como outras cuestión que preocupan aos veciños e veciñas de Melide.

O alcalde, José Manuel Pérez, e o tenente de alcalde, Jose Antonio Prado, valoraron moi positivamente a reunión de traballo así como a receptividade ás demandas dos vecinos e veciñas de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp