- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide organiza o “I torneo de baloncesto 3x3 Basket na Rúa”
30/06/2021. Celebrarase nas pistas deportivas do parque Rosalía de Castro o vindeiro 17 de xullo.
MELIDE 30 de xuño de 2021.- O Concello de Melide dende a súa Concellaría de Deportes organiza o I Torneo de Baloncesto 3x3 na vila, sendo unha iniciativa que pretende continuar promovendo a actividade deportiva ao aire libre.
O torneo celebrarase o vindeiro sábado 17 de xullo nas pistas deportivas situadas no parque Rosalía de Castro e o prazo para inscribirse está aberto dende hoxe e poderase realizar de maneira gratuíta a través da APP Sporttia ou ben a través do teléfono 620 60 57 81 do departamento de deportes Concello. Os equipos poderán ser mixtos cun máximo de cinco integrantes por equipo e un mínimo de tres, aos cales se lles vai garantizar un mínimo de partidos de dez minutos de duración.
O concelleiro de Deportes, Jose Prado afirma que: “esta é outra iniciativa máis para fomentar o deporte nas súas orixes, ao aire libre e na rúa, onde prevalece realizar actividade deportiva sobre a competitivade.