Novas

Máis novas

O Concello de Melide abre as piscinas da Área Recreativa do río Furelos

23/06/2021. As piscinas municipais da área recreativa abriránse o xoves 24 de xuño ás 12:00h.

MELIDE 23 de xuño de 2021.- O Concello de Melide abrirá mañá, xoves 24 de xuño, ás 12:00h, as piscinas descubertas da área recreativa do río Furelos. A apertura, prevista para a pasada fin de semana, tívose que retrasar por mor das adversas condicións metereolóxicas.

A apertura das piscinas permitirá gozar ao 100% da área recreativa, na que se están realizando tarefas de mantemento durante todo o ano para que se converta nun espazo de desfrute durante os 365 días do ano.

Realizáronse actuacións en todo o entorno, aparcadoiro, zona recreativa, plantáronse árbores e sustituíronse as pedras dos lugares de tránsito que se atopaban en mal estado, entre outras.

Veciños e visitantes tamén poderán bañarse no Río Furelos debido a calidade suficiente das súas augas, según o informe emitido por Augas de Galicia.  Neste senso, O Concello de Melide informará periódicamente a través das súas canles de comunicación habituais, das análises destas augas por se houbese cambios significativos no seu estado.

 O goberno municipal amosa a súa satisfacción polas boas condicións nas que se atopa a área recreativa máis lamenta o feito de que o leito do río continúe acumulando lodos. O Concello amosou o seu interese por limpar o río solicitando a autorización para drenar este treito no pasado mes de abril, da que a día de hoxe todavía non se obtivo resposta de Augas de Galicia. Polo tanto, recomendan precaución á hora de bañarse polos lodos acumulados así como por outros materiais de arrastre froito das enchentas invernais.

O Concello de Melide lembrará as medidas de seguridade que terán que cumprir os usuarios e usuarias da área recreativa do río Furelos a través da cartelería situada nas piscinas, nas que tamén se mostrarán unha serie de recomendacións.

 Dende o Concello de Melide fan especial fincapé na necesidade de cumprir coas normas establecidas e de actuar en todo momento con responsabilidade.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp