Novas

Máis novas

O alcalde preside a apertura do novo Autoservicios Familia

22/06/2021. A superficie comercial supón 41 postos de traballo para o noso Concello.

MELIDE 22 de xuño de 2021.- O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, presidiu a presentación e inauguración do novo Autoservicios Familia que abriu as súas portas na maña de hoxe.

No acto, estivo acompañado por Joaquín González, director xeral de Vegalsa-Eroski, José López Caamaño, director de negocio Familia, Ánxeles Vázquez, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, entre outros.

O novo supermercado, emprázase no número 80 da Avenida de Pontevedra, e conta cunha superficie de venda de 1347m2 e cun parking de 2822 m2 para 113 vehículos, contando cun equipo conformado por 41 traballadores.

O alcalde de Melide quixo “agradecerlle a empresa Vegalsa-Eroski a inversión realizada no noso Concello, salientando que nestes tempos difíciles é fundamental que xurdan proxectos capaces de xerar postos de traballo e de incentivar a economía real.

Na mesma liña, engadiu “agradézolle aos meus compañeiros e compañeiras do Concello de Melide o seu traballo para que este proxecto se fixera realidade. A economía e o benestar non son o resultado de fenómenos azarosos, pola contra, son o resultado do traballo, a seriedade e a boa xestión.

Jose Manuel Pérez destacou “Os melidenses e melidensas poderán desfrutar dun espazo máis coidado, con novas rúas e espazos verdes con bancos. Ese é sen dúbida o camiño a seguir”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp