- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide rehabilita espazos comúns veciñais nas parroquias
08/11/2017. Os traballos estanse levando a cabo entre a brigada de Obras e a brigada Medioambiental do Concello de Melide
MELIDE 8 de novembro de 2017.- O Concello de Melide realiza labores de rehabilitación e mellora de diferentes espazos comúns nas parroquias do rural do municipio. Lugares como os lavadoiros ou as fontes están sendo adecentados, xa que se trata de espazos común que é necesario periódicamente pequenas accións por parte do goberno municipal para que poidan ser utilizados polos veciños e veciñas en boas condicións.
A brigada de Obras e a brigada Medioambiental do Concello de Melide é a encargada de realizar estes traballos que estes días están sendo realizados no lavadoiro veciñal de A Garea ou en Cazallas, así como tamén a limpeza de fontes en San Cibrao, Moldes de Abaixo e Furelos. Os traballos de mellora tamén teñen lugar nos lugares comúns de encontro dos veciños e veciñas das parroquias.
Dalia García, rexedora melidense apunta a que “son melloras moi necesarias para garantir as boas condicións dos espazos comúns nas parroquias da nosa vila, traballos de acondicionamento de lugares de encontro nas parroquias, fontes e lavadoiros”.
ncello. Entre eles atópanse a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, a colocación do tradicional Belén na Igrexa parroquial, a presentación no concurso de Entroido, etc..
stify:inter-ideograph'>Este sistema permitirá un acceso ordenado ás pistas de pádel, evitando así un uso desorganizado da propia instalación que “ía en detrimento deste servizo”, apuntaba a rexedora e engade que “grazas a esta iniciativa de aforro, as pistas de pádel só teñen luz cando se utilizan, favorecendo así o aforro municipal”.
Deste xeito, os usuarios que queiran acceder á calquera das dúas pistas de pádel cubertas teñen que adquirir o seu pase nas dependencias do Concello de Melide, onde unha vez feito o pagamento correspondente se lles achega unha ficha que utilizan como moeda para poder acceder ás pistas.