- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Inaugúrase o novo Centro de Saúde de Melide
11/06/2021. Comezará a súa actividade nas vindeiras semanas.
MELIDE 11 de xuño de 2021.- Na mañá de hoxe tivo lugar o acto de inauguración do novo centro médico de Melide que entrará en funcionamento nas vindeiras semanas.
O acto contou coa presenza do Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, así como do Conselleiro de Sanidade, Julio García, a conselleira de medio ambiente, Ánxeles Vázquez, e Eloina Núñez Masid, xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, que estiveron acompañados polo alcalde José Manuel Pérez e demais integrantes do equipo de goberno.
José Manuel Pérez sinalou “ o novo Centro de Saúde convértese en referencia non só para a nosa poboación tamén para os veciños e veciñas dos concellos de Toques e Santiso”, na mesma liña, engadiu “ a saúde debe ser prioritaria e polo tanto Melide, como cabeceira de comarca tiña que ter unha infraestrutura acorde as necesidades existentes”.
Por último destacou “ o esforzo realizado por todas e cada unha das administración, empresas e sanitarios e sanitarias que puxeron o seu grao de área para que hoxe Melide conte cun Centro de Saúde de vangarda no que se ofrecerán servizos sanitarios de primeiro nivel a máis de 9000 persoas.
