Novas

Máis novas

O Presidente da Deputación de A Coruña visita Melide

10/06/2021. Concello e Deputación recalcan a importancia da reforma e posta en valor de rúas estratéxicas.

Valentín González Formoso visitou Melide para supervisar os proxectos realizados e destacar a importancia da cooperación entre entidades. 

O presidente comprometeuse a colaborar no financiamento do proxecto para conectar o saneamento do polígono á EDAR, pese a subliñar que as competencias neste eido correspóndenlle a Xunta de Galicia. 

Durante a xornada, visitáronse as obras de reforma e posta en valor da Rúa Mateo Segade, Rúa Ourense e Camiño real, todas elas financiadas polo programa Plan único da Deputación e que supoñen un investimento importante para o noso concello. 

Para rematar a visita, Valentín González Formoso e o equipo de goberno achegáronse a sede de ASETEM, onde o presidente coñeceu a estrutura da asociación así como o funcionamento das actividades que desenrolan. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp