- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide instala caldeiras de biomasa nos Centros Sociais Parroquiais
01/06/2021. Son 15 os centros sociais que se benefician deste novo servizo.
MELIDE 1 de xuño de 2021.- O Concello de Melide vén de rematar de instalar caldeiras de biomasa nos Centros Sociais Parroquiais do noso Concello para favorecer a realización de actividades no seu interior durante o outono e inverno.
Santaia de Agrón, Baltar, Campos, Folladela, Furelos, A Garea, Golán, Maceda, Moldes, Orois, Piñor, San Martiño das Varelas, Xubial, San Salvador e o Meire son os centros sociais que contan con este novo servizo.
As actuacións subvencionadas polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), e confinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemente Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, supoñen un investimento total de 47.900,02€.