Novas

Máis novas

Baixo o lema “Melide Punto de Encontro” o concello de Melide potenciará a presencia de motoristas durante as fin de semana.

27/05/2021. Habilitarase os fins de semana un aparcadoiro exclusivo para motos en pleno casco urbano.

MELIDE 27 de maio de 2021.- O goberno local  presentoulle á asociación local Millí Riders a iniciativa a través da cal se pretende potenciar a chegada de motoristas así como organizar e facilitar o aparcamento nun único punto.

A situación xeográfica estratéxica de Melide no centro de Galicia, a variada oferta de hostalería, comercio e lecer, fai que Melide se converta en lugar de parada e destino de moitos motoristas que se desprazan a nosa vila desde distintos puntos de Galicia.

Nesta liña, o Concello de Melide habilitará as fin de semana, sábados e domingos, en horario de 12:00 a 21:00h, a marxe dereita (dirección Santiago) do Cantón de San Roque para o estacionamento de motocicletas permitindo así unha maior organización e seguridade.

Con esta medida, o goberno local fai unha nova aposta por converter Melide nun lugar de referencia para  os motoristas de toda a comunidade o que se traduce nun incremento do valor engadido do turismo do noso concello.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp