- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide formaliza a incorporación da Policía Local ao Sistema Vioxén de protección á vítimas de violencia machista
19/05/2021. A Policía Local traballará en consonancia coa Garda Civil para realizar un seguimento máis efectivo e adaptado de todas as vítimas de violencia de xénero.
MELIDE 19 de maio de 2021.- Melide acolleu esta mañá a celebración dunha Xunta de Seguridade Local na que se formalizou a incorporación da Policia Local de Melide ao Sistema Vioxén de Seguimento e Protección de Vítimas de Violencia de Xénero.
A incorporación de Melide a esta ferramenta do Ministerio do Interior tivo lugar trala sinatura do protocolo entre o alcalde, José Manuel Pérez Penas e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. No acto, celebrado esta maña na casa consistorial, tamén participaron a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López- Rioboo, o xefe en funcións da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira, o tenente de alcalde de Melide, José Antonio Prado e a concelleira de Servizos Sociais e Saúde, Carmen Liñeira.
Mediante a firma do protocolo a Policía Local incorporase a traballar en consonancia coa Garda Civil para realizar un seguimento máis efectivo e adaptado de todas as vítimas de violencia de xénero.
Con este paso o equipo de goberno do Concello de Melide segue a traballar para acadar unha igualdade real e efectiva da muller ademáis de avanzar na protección das vítimas de violencia de xénero