Novas

Máis novas

O Concello de Melide dá a coñecer as obras e autoras premiadas do I Premio de relato Curto en prol da Igualdade do Concello de Melide.

17/05/2021. Nesta primeira edición participaron un total de 28 autores e autoras.

O Concello de Melide dá a coñecer as obras e autoras premiadas do  I Premio de relato Curto en prol da Igualdade do Concello de Melide.

O xurado do dito premio estivo formado polos seguintes membros:

Presidenta: Carmen María Liñeira Sánchez

Secretario: Joaquim Vázquez Rodríguez

Vogais: Gloria Rodríguez Íñiguez

              Marga Quintela Gómez

              Francisco Veiga García

Logo da análise das 28 obras presentadas ao dito premio,  o xurado, por unanimidade, e segundo as bases que rexen o dito premio literario, premia os seguintes relatos curtos:

Primeiro premio, cunha contía económica de 350 euros, para o relato curto  Medrar sen présa, de Raquel Fernández Fernández, de Pontevedra.   

Segundo premio, cunha contía económica de 200 euros, para o relato  Flor en cativerio, de Rocío Leira Castro, de Cee (A Coruña).

Terceiro premio, cunha contía económica de 150 euros, para o relato Lembranzas dun cabelo crespo, de Alejandra Barco Tojo, de Boimorto (A Coruña).

 

Así mesmo, o xurado quixo recoñecer cun  accésit ou mención especial  o relato Das nosas, da autora Alba Sánchez Ares, de Santiago de Compostela.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp