- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide saca a licitación a reforma e posta en valor da Rúa San Pedro
14/05/2021. Trátase dunhas das rúas con maior valor histórico polo paso do Camiño de Santiago.
MELIDE 14 de maio de 2021.- O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno Local celebrada no día de onte sacar a licitación a reforma e posta en valor da Rúa de San Pedro.
A reforma da rúa está incluída dentro das actuación previstas polo goberno local para mellorar a imaxe do casco histórico, acondicionando as principais rúas de tráfico de peóns coa supresión das barreiras arquitectónicas existentes.
O proxecto a realizar inclúe a construción dunha rede separativa de augas pluviais e residuais así como o soterramento do cableado de subministro eléctrico de iluminación e de telecomunicacións.
Na mesma liña, a pavimentación actual será substituida por lousas de pedra de granito, ao igual que as tapas de rexistro, co obxectivo de mellorar considerablemente a estética dando unha imaxe unitaria das principais rúas do casco histórico de Melide.
A reforma e posta en valor da Rúa San Pedro supón un investimento de 249.782,49€, financiados polo Plán único de Concellos da Deputación de A Coruña.