- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide programa actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas
11/05/2021. A programación extenderase ao longo de todo o mes de maio.
Melide, 10 de maio de 2021.- O Concello de Melide, a través da Concellaría de Cultura levará a cabo unha programación especial para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a poetisa de Sarria Xela Arias.
Os centros educativos da nosa vila desfrutarán os días 10, 13 e 21 de maio de contacontos e monológos de temática educativa e cultural.
O venres, día 14 de maio, a radio municipal emitirá un programa especial sobre a vida e obra de Xela Arias. Será ás 11:00h.
Na mesma liña, o luns 17 de maio celebrarase as 18:00h un contacontos e obradoiro de debuxo ilustrado, ao que poderá acodir público de todas as idades, previa reserva de praza.
No Parque de Rosalía de Castro e no Centro Sociocultural Mingos de Pita terá lugar o 22 e 23 de maio un obradoiro de Rap Improvisado en Galego, no que poderán participar nenos e nenas maiores de 13 anos, sendo necesaria a reserva de praza para poder realizar a actividade.
O Ditame do I Premio do Relato Curto en Prol da Igualdade, a pintada de frases literarias nos pasos de peóns e a emisión de dípticos sobre Xela Arias, completan o programa.
As reservas de praza poderanse realizar no correo electrónico reservasculturais@concellodemelide.gal, no teléfono 981505003 EXT 2122 ou no Departamento de Cultura do Concello de Melide.