Novas

Máis novas

O Concello de Melide impulsa as compras de proximidade co lanzamento das tarxetas “Merca en Melide”

06/05/2021. Lanzarase unha primeira emisión de 1500 tarxetas prepago para empregar en numerosos comercios locais.

MELIDE 06 DE MAIO DE 2021.-  O alcalde de Melide, José Manuel Pérez e o director de zona de Abanca, Alberto Varela presentaron na mañá de hoxe o acordo de colaboración para a emisión das tarxetas prepago “Merca en Melide”.

Na campaña, na que tamén colabora a Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem), está encamiñada a promover e reactivar a economía municipal, impulsando o consumo nos establecementos comerciais locais e na hostalería.

As persoas que queiran participar na iniciativa deberán solicitar entre o 10 e o 14 de maio unha das 1500 tarxetas prepago cargadas con 30 euros, dos cales o usuario/a aboará 20 euros, facéndose cargo o Concello de Melide dos 10 euros restantes.  As tarxetas poderán ser empregadas nos establecementos locais entre o 24 de maio e o 24 de xuño.

O Concello poñerá en marcha unha segunda edición das tarxetas prepago entre o 27 de setembro e o 31 de outubro, polo que o importe total aportado polo concello nesta campaña será de 30.000€.

Deste xeito, o goberno local mostra unha vez máis, o seu compromiso total co tecido produtivo local.

As tarxetas poderán solicitarse entre o 10 e o 14 de maio no Edificio Multiusos, en horario ininterrompido de 10:00 a 19:00h.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp