- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide presenta a campaña de Tarxetas Moedeiro “Merca en Melide”
12/04/2021. A campaña impulsará o comercio local de Melide
MELIDE, 12 de abril de 2021.- O pasado sábado, o concelleiro de Promoción Económica Xosé Igrexas presentou ante representantes do comercio local as tarxetas moedeiro “Merca en Melide”.
Esta iniciativa é unha axuda máis para apoiar aos pequenos establecementos da vila, contribuindo así a impulsar o comercio local. O concelleiro Xosé Igrexas afirmou que "a administración local con estas iniciativas consegue un impacto económico aproximado de 400.0000€ no noso comercio, entre a campaña de Nadal e as previstas para este ano, o que supón un importe moito máis elevado que as axudas que se poidan recibir doutras administracións”.
A mecánica de funcionamento destas tarxetas vai ser similar ás postas en marcha no mes de decembro. As tarxetas terán un importe de 30€ para gastar nun ou varios comercios do municipio, dos cales 20€ serán asumidos polos usuarios e 10€ polo Concello de Melide.
Os negocios interesados en adherirse a esta campaña deben cumprir tres requisitos: non ser espazos de gran distribución adicados á alimentación, estacións de servizo ou combustible, salas de xogo ou apostas deportivas e farmacias; estar situados en Melide; e ter un Terminal Punto de Venda (TPV).
Para participar nesta iniciativa os comercios deben acudir ás instalacións de ASETEM - CCA (entidade colaboradora) para facilitar os datos do participante e o número do Terminal Punto de Venda (TPV).
O concelleiro de promoción económica animou a todos e todas as comerciantes a participar nesta campaña e fixo fincapé en que esta será só "a primeira fase, desenvolverase entre maio e xuño e contará con 3.000 tarxetas dispoñibles".
Ademais, a intención do goberno local é que opten a estes bonos persoas de toda a comarca, xa que as únicas condicións para conseguila é ser maior de idade.
A segunda fase da campaña está prevista para os meses de setembro e outubro.