- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Preto dun centenar de nenos participan nos Campamentos Urbanos do Concello de Melide
24/11/2017. Os Campamentos Urbanos están organizados pola Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide co obxetivo de facilitar a conciliación familiar e laboral nos meses do verán.
A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide organiza como cada ano os Campamentos Urbanos co obxetivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nos meses estivais, onde os nenos gozan das vacacións de verán e os pais e as nais en moitas ocasións non dispoñen de días libres nese período vacacional.
A presente semana, os Campamentos Urbanos do Concello de Melide contaron cunha matrícula de 98 rapaces e rapazas. Dende a concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, adiantan que “para as vindeiras semanas xa a matrícula supera os cen inscritos”, a concelleira de área María Jesús López Mourón, explicaba que “levamos anos organizando os Campamentos Urbanos no noso concello, é algo que nos demandan as familias e é unha ferramenta que tamén queremos ofrecer á veciñanza para mellorar a conciliación da vida laboral e familiar, nun meses nos que todos sabemos que os rapaces teñen moitas vacacións e ás veces aos máis maiores resúltanos complicado ter tantos días libres”.
Campamentos lúdicos e deportivos
Os Campamentos Urbanos do Concello de Melide este ano divídense en dúas categorías: por unha banda os Campamentos Lúdicos, para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 15 anos nas que as actividades se centran nas artes creativas tales como a música, as manualidades, as visitas á radio, teatro, talleres de emocións, etc... Por outra banda, ofrécese a alternativa dos Campamentos Deportivos, onde as actividades están dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e 15 anos e que brindan a oportunidade aos máis cativos de coñecer diferentes deportes e realizar actividade física nas vacacións de verán. Este campus deportivo, pretende evitar o sedentarismo e fomentar os valores asociados ao deporte como a convivencia, a tolerancia e a vida saudable.
Inscrición
Ao Campamento Urbano do Concello de Melide poden acudir nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos. A inscrición ten que realizarse na secretaría xeral do Concello de Melide e o prazo está aberta ata a última semana do campamento, coincidindo coa semana do 7 de agosto. O prezo é de 15,50 euros para as semanas que coinciden todos os días laborais e de 12,40 euros para aquelas semanas nas que existen algún festivo e só se ofrece o servizo durante 4 días. Contémplanse descontos para as familias que inscriban nos Campamentos Urbanos a máis dun fillo ou filla.