Novas

Máis novas

Finalizadas as reparacións do Cantón de San Roque tralas reclamacións realizadas polo Concello de Melide á Xunta de Galicia.

30/03/2021. As reparacións realizaronse tralas múltiples reclamacións realizadas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao estar os danos existentes en periodo de garantía de reparación.

MELIDE 30 de marzo de 2021.- A empresa contratista da obra do Cantón de San Roque, vén de reparar a semana pasada os danos existentes en lousas de pedra, suxeicións de bancos e outras anomalías existentes que supoñían un perigo no uso das instalacións.

Os danos, acaecidos ás poucas semanas de finalizar a obra, foron reparados sen custo algún para as arcas municipais, ao estar os traballos en garantía, tal como defendeu desde o primeiro momento o actual equipo de goberno.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp