Novas

Máis novas

O Concello de Melide organiza o I Premio de relato curto en prol da igualdade.

22/03/2021. Ten por obxectivo sensibilizar á poboación sobre a igualdade real entre mulleres e homes.

MELIDE 22 de marzo de 2021.- O Concello de Melide convoca o I PREMIO DE RELATO CURTO EN PROL DA IGUALDADE CONCELLO DE MELDIE, co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a igualdade real entre mulleres e homes.

 A temática dos relatos debe de estar relacionada coa muller en calquera das súas facetas: intimista, familiar, laboral, violencia de xénero, etc.

As obras deberán estar escritas en lingua galega, cunha extensión mínima de 5 folios e máxima de 10.

Outorgaranse tres premios: 1.º premio 350 euros, 2.º premio 200 euros e 3.º premio 150 euros.

O prazo de presentación dos traballos termina o día 2 de maio de 2021 e o decisión do xurado darase a coñecer o 17 de Maio, Día das Letras Galegas.

Para máis información, poden contactar co Departamento de Cultura ou co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Melide.

Podes consultar as bases  na seguinte ligazón: https://cutt.ly/RxkBWKN




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp